Ir o contido principal

Rede Estatal de Centros de Excelencia da Formación Profesional

Rede Estatal de Centros de Excelencia da Formación Profesional

O CIFP Politécnico de Santiago forma parte da Rede Estatal de Centros de Excelencia da Formación Profesional, unha iniciativa do Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes, en colaboración coas comunidades autónomas.

A nosa designación como Centro de Excelencia foi concedida a través da Convocatoria de 2022 (Orde EFP/717/2022, do 30 de xuño), no marco do Plan de Modernización da Formación Profesional, financiado polo Mecanismo de Recuperación e Resiliencia – Next Generation EU.

Formar parte desta rede implica un gran compromiso e responsabilidade co tecido produtivo, o alumnado, o persoal do centro e a sociedade en xeral, e que nos obriga a traballar e mellorar continuamente en liñas como:

  • A innovación e dixitalización: con metodoloxías activas de aprendizaxe e tecnoloxías emerxentes.
  • A colaboración co tecido produtivo: mediante alianzas con empresas, asociacións sectoriais e axentes sociais.
  • O liderado educativo: na mellora continua, transferencia de coñecemento e formación de calidade.
  • A formación do profesorado: para a actualización de coñecementos, técnicas e destrezas máis innovadoras e modernas.
  • O equipamento e instalacións: para dispoñer de equipos e espazos axeitados que cumpran os estándares maís altos de exixencia profesional e didáctica.

 

O desenvolvemento destas liñas realizouse mediante a implantación de 6 proxectos primarios que se achegan nesta páxina e nos que podemos consultar as características, obxectivos e accións de cada un.

Formar parte desta rede supón un compromiso cunha Formación Profesional moderna, inclusiva e orientada ao futuro que busca poñer en valor as persoas e favorece unha transformación acorde coas necesidades e expectativas de toda sociedade.

 

 

Proxecto primario 1. Transformación metodolóxica e tecnolóxica de centro.

 

Proxecto primario 2. Formación do profesorado.

 

Proxecto primario 3. Proxectos de innovación e investigación aplicada.

 

Proxecto primario 4. Detección de necesidades de perfís no sector químico.

 

Proxecto primario 5. Proposta de revisión curricular.

 

Proxecto primario 6. Incorporación de tecnoloxía disruptiva aplicada.

Redes sociais