Educar é proporcionar unha formación integral que lles permita a mozos e mozas unha formación plena e que axude a configurar a súa identidade, así como construír unha concepción da realidade que integre á súa vez o coñecemento e a súa valoración ética e moral. Coeducar implica educar sen diferenciar as mensaxes en función do sexo.
O CIFP Politécnico de Santiago, por medio da súa Comisión de Igualdade, manifesta o seu compromiso coa igualdade de oportunidades e de xénero coa finalidade de promover a construción dun novo modelo formativo capaz de abranguer por igual o feminino e o masculino. O camiño para avanzar cara á igualdade é a educación.