Ir o contido principal

Charlas: Plan de Igualdade nas empresas (8 marzo 2024)

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, dende o CIFP Politécnico de Santiago apostamos por poñer en valor o talento feminino. Queremos destacar a labor das nosas profesoras e animar a todas as mozas a formarse en sectores profesionais como a Electricidade e Electrónica, o Transporte e mantemento de vehículos, a Fabricación Mecánica, a Enerxía e a auga ou a Madeira, Moble e cortiza.

Agradecemos a participación nesta xornada das responsables de RRHH das empresas Moonoff e Metalux. Compartiron co noso alumnado a importancia de implementar Plans de Igualdade nas empresas, facilitando o acceso da muller a postos de traballo relevantes e promovendo a súa presenza en sectores profesionais cun menor índice de ocupación feminina".

Organiza Dpto Orientación en colaboración con Dpto. FOL e Dpto Emprendemento. 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais