8M no CIFP Politécnico de Santiago
Con motivo do Día Internacional da Muller, no noso centro tivemos o pracer de acoller a charla "Emprendemento feminino nos sectores tradicionalmente masculinizados". Unha oportunidade única para reflexionar sobre os retos e avances da muller no mundo laboral, contando coa participación de:
🔹 Silvia Chaves Freire, xerente de Transportes e Madeiras Chaves, SL. e presidenta de VIEIROS, Unidade Galega de Transportistas.
🔹 Rebeca Gómez Castro, exalumna do noso centro e actualmente parte do departamento industrial e comercial de METALUX na Delegación da Coruña.
Ambas compartiron co noso alumnado a súa experiencia persoal e profesional en sectores cunha menor presenza feminina, destacando os avances logrados en materia de igualdade de xénero.
Grazas, Silvia e Rebeca, por inspirar e demostrar que o talento e o esforzo non teñen xénero!