16 de xaneiro de 1967
50 Aniversario | |
---|---|
![]() | O día 16 de xaneiro do presente ano 2017, cúmprense os 50 anos do traslado do alumnado da denominada naquel momento “ESCUELA DE MAESTRÍA INDUSTRIAL”, do edificio de San Clemente (edificio no que se viñan impartindo as ensinanzas de Formación Profesional dende o ano 1952) ao edificio actual situado, no que naquel momento se coñecía, como Monte de Conxo. Dito traslado tivo lugar tamén un luns 16, pero nese caso do ano 1967. |