Ir o contido principal

Experiencias reais en InnovatechFP2026


🔧✨ O alumnado do CIFP Politécnico de Santiago continúa sumando experiencias reais dentro de #InnovatechFP2026!

O pasado 13 de maio visitamos a refinería de @repsol na Coruña para coñecer de primeira man o entorno industrial no que se desenvolverá o reto 8, centrado na trazabilidade intelixente de equipos e repostos no taller de instrumentación. ⚙️📲

Durante a visita, o noso alumnado puido achegarse ás necesidades reais da industria e descubrir como tecnoloxías como NFC, códigos QR, visión artificial ou automatización poden transformar os procesos industriais. 💡

Ademais, compartimos esta experiencia cos equipos do CIFP Montecelo e CIFP Ferrolterra nunha xornada de aprendizaxe, innovación e intercambio de ideas. 🤝

No Politécnico de Santiago seguimos apostando por unha FP conectada coa empresa, coa tecnoloxía e cos retos reais do futuro. 🚀

Redes sociais