Ir o contido principal

Visita do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Visita do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Onte, día 6, recibimos a visita do Conselleiro de Educación, D. Román Rodríguez González, quen se reuniu cos directores e inspectores da rede de Centros Integrados de Formación Profesional que asistían a unha xornada formativa no noso Centro.

O Conselleiro aproveitou a ocasión para coñecer de primeira man a actividade académica que se leva a cabo no noso centro de Formación Profesional. Prema sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías conmemorativas do evento.

Por outra banda, no Salón de Actos tiña lugar outra actividade formativa cos directores e xefes de estudios dos centros de Galicia que imparten Formación Profesional Básica subvencionados polo Fondo Social Europeo.

 

 

Redes sociais