Ir o contido principal

A FORMACIÓN PROFESIONAL DISPÓN DUN NOVO RECURSO DIDÁCTICO

A FORMACIÓN PROFESIONAL DISPÓN DUN NOVO RECURSO DIDÁCTICO

O pasado xoves 26 de xaneiro, alumnado do IES Pedra da Auga, de Ponteareas visitou a instalación Smart Grid  acompañados de varias profesoras e profesores.

Este recurso didáctico está instalado no CIFP Politécnico de Santiago e foi o resultado dun proxecto de innovación didáctica que se iniciou o longo do curso 2014-2015 e que na actualidade está dispoñible para que alumnado e profesorado podan comprobar a sua funcionalidade.  

O recurso didáctico Samrt Grid, pretende ser un punto de partida que contribúa a acadar as competencias requiridas polo sector produtivo para este tipo de instalacións e os alumnos do CIFP Politécnico de Santiago, matriculados en módulos relacionados con este recurso, están utilizando estas instalacións para mellorar as súas competencias.

Neste caso, o alumnado do ciclo medio de Instalacións Electricas e Automáticas, de primeiro e de segundo curso, do IES Pedra da Auga (de Ponteareas) foron os primeiros alumnos que veñen dende outro centro de Galicia a realizar prácticas presenciais utilizando este recurso didáctico.

As prácticas presencias poden complementarse  co acceso ó Centro de Control Remoto mediante o sistema de telecontrol e telemando implementado. Tamén está dispoñible un simulador que permite mellorar as competencias relacionadas coa configuración, manobras e mantemento deste tipo de instalacións.

Os centros ou organismos interesados en visitar esta instalación deben enviar un e-mail dende o correo oficial do organismo solicitante:

- Poñer como asunto: Solicitude visita centro
- Enviar o e-mail a: cifp.politecnico.santiago@edu.xunta.es
- Unha vez recibida esta solicitude inicial daranse as instrucións para continuar.

Pódese consultar máis información premendo sobre a seguinte ligazón, correspondente ao apartado O CENTRO - PROXECTOS DE INNOVACIÓN

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais