Ir o contido principal

Prevención de riscos e manexo seguro de Plataformas Elevadoras

Prevención de riscos e manexo seguro de Plataformas Elevadoras

Preinscición no curso de Prevención de riscos e manexo seguro de Plataformas Elevadoras (Do 12 ó 19 de Decembro do 2014)

Curso obrigatorio para traballos en obra sobre Instalacións aéreas e en fachadas:

- Eléctricas.
- Telecomunicacións.
- Incendios.
- Seguridade.
- Detección de incendios.
- Instalacións singulares.
- Enerxía, gas, calefación e ACS.
- Montaxe e soldadura de estruturas metálicas.

REMATA O PRAZO DE PREINSCRICIÓN O XOVES, 11 DE DECEMBRO, ÁS 21.30

Desevolvemento:

O curso está aberto ós alumnos de 2º curso de todos os ciclos.

É necesario anotarse cubrindo os datos do seguinte formulario.

A sesión teórica será de 4 horas e terá lugar o venres 12 de Decembro. Poderase asistir ben á quenda da mañá (10:30-15:00) ou ben á de tarde (16:00-20:30).

A parte práctica realizarase durante a semana seguinte (do 15 ó 19) e faranse grupos cada 2 horas. Sacarase uns listados ca quenda que lle corresponde a cada quen.

Inicialmente o costo do curso establécese en 15€ que é obrigatorio aboar exactos o día da sesión teórica. De sobrar, devolverase.

Para obter a certificación é obrigatorio ter asistido ás dúas partes.

Para calqueira duda ou aclaración: Fran Guerra 

franguerra@edu.xunta.es            Tlfn. 677790889     

 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais