Ir o contido principal

O instalador eléctrico campión de España fórmase en Santiago

O instalador eléctrico campión de España fórmase en Santiago

Juan González García, alumno do Politécnico de Santiago, gañou o campionato de España de mozos instaladores eléctricos, na súa décimo cuarta edición. Estudou Instalacións Eléctricas e agora cursa o último ano de Sistemas de Telecomunicación e Informáticos no Politécnico.

A final celebrouse en Madrid, durante unha feira sectorial especializada. Participaron 25 mozos e foi "unha edición marcada pola innovación dixital e o aumento, tanto da dificultade das probas, como da contía de premios", destaca a organización do evento.

Fonte: La Voz de Galicia

Redes sociais