Ir o contido principal

Concurso InvestigArte

Concurso InvestigArte

Investigadores e estudantes de secundaria, bacharelato e Formación Profesional xa poden presentar as súas propostas a Investigarte.

O concurso inicia a súa terceira edición e manterá aberto ata o 20 de xaneiro o prazo para a presentar traballos.

InvestigArte é un concurso de arte visual científico e tecnolóxico dirixido a dous perfís específicos:

  • Grupos de investigación
  • Alumnos de ESO, Bacharelato e Formación profesional

InvestigArte foi ideado por un grupo de investigadores apaixonados da fotografía e a súa utilidade para explicar  ás novas xeracións e á sociedade en xeral, as innovacións científicas e tecnolóxicas asociadas aos seus proxectos científicos.

O concurso está organizado por educaBarrié (o canal de comunicación coa comunidade educativa da Fundación Barrié), Campus Vida (o Campus de Excelencia Internacional Liderado pola Universidade de Santiago de Compostela) , o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS, xestionado pola Fundación Ramón Domínguez) e a Universidade da Coruña. Tamén conta co apoio e colaboración especial de ROCHE; todos eles co obxectivo principal de achegar a ciencia e a tecnoloxía á nosa sociedade, a través dun concurso que pretende activar a visión artística e creativa da ciencia de alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional así como dos propios investigadores.

Na modalidade de EDUCACIÓN – Alumnos de ESO, Bacharelato e Formación profesional - defínense as seguintes categorías:

  • Fotografía
  • Vídeo
  • Ilustración

Participando neste concurso, pódense gañar estupendos premios como unha cámara de fotos para o alumno/a gañador e unha tableta electrónica para o profesor/a. Ademais, InvestigArte, organizará coas obras gañadoras de cada unha das categorías tanto de estudantes como de investigadores e profesores, unha exposición itinerante que permitirá dar a coñecer as investigacións científicas actuais así como actividades didácticas nos centros escolares ao público xeral.

Para máis información, preme sobre a seguinte ligazón.

Redes sociais