Ir o contido principal

Concurso de Relatos Inspiraciencia

Concurso de Relatos Inspiraciencia

INSPIRACIENCIA é un concurso de relatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico e participativo. A ciencia e a literatura recorren á creatividade para encarar novos retos. Combinalas podexerar novas e frescas ideas en direccións imprevisibles. Inspiraciencia pretende ser un espazo aberto a todo o mundo onde pensar e imaxinar a ciencia, dende a ficción.

Modalidade única. Poderanse presentar relatos curtos dunha extensión máxima de 800 palabras.

Categorías. O concurso ten dúas categorías: público xeral (a partir de 18 anos) e público xuvenil (de 12 a 17 anos).

Os participantes deben rexistrarse e poden enviar un relato curto en calquera lingua do concurso (catalán, castelán, galego e éuscaro). Cada participante pode presentar máis dun relato, e un máximo de catro relatos, sempre que estes esteanescritos en linguas distintas.

Linguaxe. Os relatos poden estar escritos en catalán, en castelán, en éuscaro  en galego.

Consulta as bases do concurso e inspírate!

Para máis información, preme sobre a seguinte ligazón.

Redes sociais