Ir o contido principal

III Semana de Portas Abertas (6 ao 10 de febreiro de 2017)

III Semana de Portas Abertas  (6 ao 10 de febreiro de 2017)

Dende o CIFP Politécnico de Santiago invitamos aos centros da comarca a realizar unha visita ao noso centro educativo, co fin de que o alumnado dos últimos cursos da ESO e Bacharelato coñeza máis de cerca a Formación Profesional e vexa nela una alternativa máis de formación.

Con este fin organizamos a Semana de Portas Abertas dende o 6 ao 10 de febreiro de 2017.

Nesta visita ofrecerémoslle información ao alumnado sobre:

· O CIFP Politécnico de Santiago.
· O acceso aos ciclos medios e superiores.
· As familias profesionais que ofertamos: Electricidade e electrónica, Fabricación mecánica, Transporte e mantemento de vehículos, Madeira, moble e cortiza, Instalación e mantemento e Química.
· Os ciclos medios e superiores que se cursan neste centro.
· O Viveiro de empresas do centro.
· O proxecto de FP Dual en Galicia.

A programación prevista consta dunha pequena introdución no Salón de Actos, e a continuación unha visita guiada polas instalacións do centro para que coñezan os talleres onde se imparten os diferentes ciclos e os equipamentos dos que dispoñen.

A duración da visita é en principio sobre hora e media, ampliable ou reducible en función dos requirimentos do centro visitante. Pola mañá prevemos dúas quendas, a primeira de 9:30 a 11:15, a segunda de 11:15 a 13:00, e pola tarde unha de 16:30 a 18:15. De todos modos este horario é flexible e adaptable ás vosas necesidades.

Ofrecemos tamén a posibilidade de ir ao voso centro para realizar una charla coa información sinalada anteriormente.

Para solicitar a visita cubra e envíe este formulario.

Para calquera outra cuestión os datos de contacto son:

Teléfono CIFP Politécnico de Santiago: 981 522 062
Correo electrónico: orientacion.cifp.politecnico.santiago@edu.xunta.es

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías conmemorativas da Semana de Portas Abertas 2016.

Redes sociais