Ir o contido principal

Homenaxe a Rosalía de Castro

Homenaxe a Rosalía de Castro

Con motivo do 178 aniversario do nacemento da escritora do Rexurdimento Galego, onte celebramos un acto de homenaxe na Biblioteca do noso centro.

Durante o descanso da mañá de onte, 24 de febreiro, celebramos na Biblioteca o nacemento de Rosalía de Castro mediante unha lectura de poemas por parte do profesorado e alumnado do noso centro:

  • Manuel Tojo: ¡Calade! (IV. Da Terra, Follas Novas)
  • Edita Álvarez: Miña casiña, meu lar (IV. Da Terra, Follas Novas)
  • Antía Caamaño: Nasín cando as prantas nasen (Cantares Gallegos)
  • Rosalía García: Negra Sombra (II. Do Íntimo, Follas Novas)
  • Carlos Blanco: Amores Cativos e De Balde... (II. Do Íntimo, Follas Novas)
  • Daniel Rodríguez: Adiós ríos, adiós fontes (Cantares Gallegos)

Dende a Biblioteca queremos dar as grazas a todos os participantes neste acto.

Pode premer sobre a seguinte ligazón para acceder a unha selección de fotografías.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais