Ir o contido principal

Francisco Luengo

Francisco Luengo

Dentro dos actos programados con motivo da celebración do día das Letras Galegas, o venres 22 de maio recibimos a visita de Francisco Luengo e dunha selección de alumnado do Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela.

Co obxectivo de abrir novos horizontes ao noso alumnado da familia profesional de Madeira, Moble e Cortiza, Francisco Luengo, luthier e violagambista, ofreceu unha conferencia sobre a construción de instrumentos musicais medievais baseados na reprodución en pedra dos instrumentos do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.

Na segunda parte deste evento, Antía Muiño Sánchez, guitarrista, e o Conxunto de Violíns de 1º e 2º de Grao Profesional do CMUS de Santiago ofreceron un concerto con pezas de John Dowland (1563-1626), G. P. Telemann (1681-1767) e Joaquín Rodrigo (1901-1999).

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías conmemorativas do evento.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais