EduTecEmprende: Visita a Cortizo
✨🚀 Aprender emprendendo e conectando coa realidade 🚀✨
A través do Programa EduTecEmprende, o noso alumnado desenvolve as súas capacidades emprendedoras, descobre de primeira man a realidade empresarial e tecnolóxica galega e esperta o seu interese polas áreas STEM 🔬💡
O pasado 27 de febreiro, o alumnado de 1º CS AUROIN realizou unha visita a Cortizo, empresa punteira en solucións de aluminio e PVC para a arquitectura e os sectores industriais.
Durante a xornada puideron:
🔹 Coñecer de preto novas técnicas de produción e tecnoloxías emerxentes.
🔹 Descubrir como se aplican a innovación e a tecnoloxía en contornos reais.
🔹 Achegarse aos perfís profesionais técnicos a través das experiencias compartidas polos propios traballadores.
Unha experiencia enriquecedora que conecta formación, empresa e innovación, e que achega ao noso alumnado ao futuro profesional que xa está tomando forma. 💼🏗️