Ir o contido principal

Curso Prevención de Riscos Laborais (60 horas) no Politécnico

Curso Prevención de Riscos Laborais (60 horas) no CIFP Politécnico de Santiago

Complemento para a obtención da certificación do curso recoñecido pola “Fundación Laboral de la Construción”.

- Para a obtención do Certificado do curso de Prevención de Riscos Laborais de (60 horas) necesario ter formación sobre:

1. Contidos xerais de prevención de riscos.
2. Risco específicos e a súa prevención da súa familia profesional.
Estes contidos desenvólvense nos módulos cursados no Ciclo correspondente e o Centro emitirá un certificado de entre 30 e 45 horas dependendo do ciclo cursado.

- Ademais do anterior, para que estes contidos sexan recoñecidos pola “Fundación Laboral de la Construcción” para os efectos da Tarxeta Profesional da Construción, é necesario ter formación sobre:

3. Riscos específicos e a súa prevención no sector da construción (15 horas).
Dado que estes contidos non foron tocados en ningún módulo, é necesario, para a obtención do mencionado Diploma, una sesión nos que se trataran estes contidos. Con iso, o Diploma emitido polo centro ó remate do ciclo será de 60 horas.

- A charla terá unha duración de 4 horas e ademais será necesario realizar una tarefa na Aula Virtual do Centro.

Venres 31 Marzo (16:30-20:30)

- Inscrición obrigatoria antes do 30 de marzo. Para inscribirse deben cobrir o seguinte formulario.

- O coste da charla é de 5 € que deberán aboarse o día da charla.

Prema sobre a seguinte ligazón para descargar esta información.

Para calqueira duda ou aclaración: Fran Guerra                          franguerra@edu.xunta.es            Tlfn. 677790889     

 

 

Redes sociais