Ir o contido principal

O Consello Escolar destaca o vigor da FP en Galicia

O Consello Escolar destaca o vigor da FP en Galicia

Un informe do Consello Escolar do Estado sobre o estado do sistema educativo, correspondente ao curso 2012-2013, destaca o "alto grao de implicación" dos docentes galegos cos contratos-programa  impulsados pola Xunta para mellorar o rendimiento, a calidade e a equidade do sistema educativo, e o papel da rede de Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) como ferramenta de impulso a esta rama educativa.

El Correo Gallego, 8 de xaneiro de 2015

As cifras da comunidade, recolle, supoñen que máis de 1 de cada tres centros públicos de ensino obrigatorio de Galicia e tres de cada 10 alumnos participan en contratos-programa. Así mesmo, destaca que o número de matriculados en FP triplicouse nun lustro e subliña o impulso á FP a distancia e a FP dual.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais