Ir o contido principal

Cadea da Innovación

Cadea da Innovación

A Cadea da Innovación ten como obxectivo ensinar a desenvolver e xestionar un proxecto innovador, así como fomentar o talento creativo, reforzar o valor do traballo en equipo e sensibilizar os alumnos de Formación Profesional coas actuais problemáticas sociais.

Os alumnos deben desenvolver un proxecto de carácter innovador dirixido á mobilidade sostible, concepto nacido da preocupación polos problemas ambientais e sociais ocasionados pola xeneralización, durante a segunda metade do século XX, dun modelo de transporte urbano baseado no coche particular. Os inconvenientes deste modelo, entre os que destacan a contaminación do aire, o consumo excesivo de enerxía, os efectos sobre a saúde da poboación ou a saturación das vías de circulación, provocaron unha vontade colectiva por encontrar alternativas que axuden a paliar os efectos negativos deste modelo e a idear un novo modelo de cidade sostible. A relación entre a cidade e o coche terá que cambiar.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder ás bases do concurso.

O desenvolvemento do concurso faise dunha forma moi sinxela a través da web https://www.lacadenadelainnovacion.com

 

Redes sociais