Ir o contido principal

Aula Aberta de Aprendizaxe

Aula Aberta de Aprendizaxe

Sesións formativas sobre a introdución, iniciación no uso e aproveitamento metodolóxico de dispositivos móbiles e multitáctiles na aula.

Trátase dunha actividade formativa sen certificación dirixida a profesorado que quere achegarse a este tipo de dispositivos e ver algunhas das posibilidades de uso dentro da aula utiliza estes elementos tecnolóxicos na aula.

Que perseguimos:

- Mostrar dinámicas activas de aprendizaxe no uso de dispositivos móbiles na aula.
- Desenvolver estratexias de aprendizaxe para abordar linguaxes audiovisuais dende o traballo por proxectos.
- Amosar diferentes posiblidades de conexión dos dispositivos para emitir dentro da aula.
- Como publicar contidos xerados polo alumnado na rede.

Prema sobre a seguinte ligazón para descargar a guía da actividade.

Se consideras que é do teu interese, cubre e envía o seguinte formulario de inscrición.

 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais