II Concurso de Emprendedores Aprendeafinanciarte.com
II Concurso de Emprendedores Aprendeafinanciarte.com | |
|---|---|
| Coa finalidade de impulsar o emprego e as ideas creativas, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela lanza o II Concurso de Emprendedores Aprendeafinanciarte.com na comunidade de Galicia, contribuíndo cun premio de 3.000€ ao mellor proxecto innovador, dando a coñecer novos proxectos e axudando a convertelos nunha realidade. | |
Para participar requírese ter unha idea innovadora e enviar un vídeo presentándoa. O proxecto máis votado pode chegar a participar na gran final nacional de Madrid! En breve comezará o proceso e poñerase información completa na páxina da Cámara de Comercio de Santiago. | |