
O noso centro participa no Plan Proxecta+, unha iniciativa da Consellería de Educación que promove a innovación educativa mediante o desenvolvemento de programas en colaboración con diferentes entidades, orientados ao traballo por proxectos, á adquisición de competencias clave e á educación en valores.
No curso 2025/2026 formamos parte do programa Quérote+, unha proposta centrada na educación afectivo-sexual, o benestar emocional e a promoción da igualdade entre a mocidade. Este programa ofrece actividades formativas e de sensibilización que fomentan relacións saudables, o respecto á diversidade e a prevención de condutas de risco.
A través desta participación, o centro reforza o seu compromiso cunha educación integral que contribúe ao desenvolvemento persoal e social do alumnado, favorecendo actitudes responsables, críticas e respectuosas.
Pode consultarse máis información sobre o programa na web oficial da Consellería: