Ir o contido principal

Xornadas de Portas Abertas

Recentemente celebramos as Xornadas de Portas Abertas organizadas polo Departamento de Información e Orientación Profesional do Politécnico de Santiago, en colaboración coas distintas Familias Profesionais e a Coordinación de Emprendemento. 

Do 8 ao 15 de abril, recibimos a máis de 650 estudantes de 4º ESO e Bacharelato, procedentes de diferentes centros docentes de Santiago e da súa contorna. Durante toda a semana, os nosos visitantes tiveron a oportunidade de coñecer a ampla oferta formativa do CIFP Politécnico de Santiago e descubrir as nosas modernas instalacións e talleres da man do profesorado do centro, que estivo encantado de recibir a estes rapaces e rapazas, moitos dos cales optarán por cursar estudos de FP de cara ao próximo ano académico. 

Ademais, non puidemos esquecer a visita ás instalacións do Viveiro de Empresas, onde coñeceron de primeira man os servizos ofrecidos e os requisitos de acceso que se lles piden a todos aqueles que queiran emprender dende a Rede Galega de Viveiros de Empresa (Eduemprende: Emprende). 

Queremos agradecer a todos os centros participantes pola súa colaboración nesta enriquecedora experiencia: IES Rosalía de Castro, IES Campo de San Alberte, IES Ordes, IES Xelmírez II, IES Antón Fraguas, IES Antón Losada, IES Eduardo Pondal, CPI de Bembibre, CPR Nosa Señora dos Remedios e CPI Fonte-Díaz.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais