Xornadas de ciberseguridade na FP (con ligazón á retransmisión)
O 10 de abril de 2024 terán lugar no CIFP Politécnico de Santiago as Xornadas de ciberseguridade na FP, unha iniciativa dedicada á ciberseguridade e ás tecnoloxías abertas no contexto educativo e profesional. Ao longo da mañá desenvolveranse relatorios técnicos sobre seguridade dixital, privacidade, criptografía e uso de ferramentas de software libre, impartidos por profesionais do sector.
A xornada completarase con obradoiros prácticos tanto no CIFP Politécnico de Santiago como no IES San Clemente, centrados na adquisición de competencias técnicas a través da resolución de retos e da experimentación directa con ferramentas e escenarios reais de ciberseguridade.