Ir o contido principal

Xornada Técnica


Dentro das Actividades Complementarias de Formación dos Ciclos de Telecomunicacións, onte acollimos no centro a charla de divulgación científica e tecnolóxica da Universidade de Vigo: A telefonía móbil e o seu camiño cara o 5G.

Nesta charla, o catedrático da Escola de Enxeñería de Telecomunicación Íñigo Cuiñas tratou a orixe da telefonía móbil, a súa evolución e o seu futuro inmediato: o 5G. Esta quinta xeración será a base tecnolóxica do desenvolvemento da Internet das cousas (IoT), os vehículos automatizados ou casas conectadas a cidades intelixentes.

Coa rede 5G poderemos descargar unha película no noso teléfono intelixente en menos de tres segundos; o coche será capaz de detectar e navegar automáticamente salvando os obstáculos do camiño; os/as médicos/as poderán realizar procedementos cirúrxicos complexos utilizando robots de xeito remoto; e incluso as cidades intelixentes serán capaces de recompilar información en tempo real sobre o tráfico, o tempo e incluso a delincuencia.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais