Ir o contido principal
     
Toda a mañá
Salón de Actos

Xornada presencial para a formación do emprendemento e o emprego

O próximo luns 4 de novembro, o noso centro acollerá unha xornada dirixida ao alumnado de 2º curso de ciclos formativos de grao superior das distintas familias profesionais en quenda de mañá. Organizada pola Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA), en colaboración co Departamento de FOL e a Coordinación de Emprendemento, esta actividade ten como obxectivo achegar aos futuros profesionais as ferramentas necesarias para o emprendemento e a inserción laboral. 

Contaremos coa presenza de Eduardo Abad, presidente de UPTA, quen compartirá a súa experiencia e coñecementos neste eido. Non perdas a oportunidade de participar e coñecer de primeira man as claves para desenvolver o teu propio proxecto profesional!

Redes sociais