Ir o contido principal

Xornada de Lanzamento de Retos Innovatech FP 2025

O pasado 5 de decembro, o alumnado do CIFP Politécnico de Santiago participou activamente na Xornada de Lanzamento de Retos do programa Innovatech FP 2025, celebrada no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. 

Baixo a dirección dos seus respectivos coordinadores de equipo, o noso alumnado, organizado en 13 equipos, asumiu un total de 8 retos propostos polas empresas participantes. Este esforzo reflicte o compromiso coa innovación, a creatividade e o traballo colaborativo no ámbito da Formación Profesional. 

A xornada estivo presidida polo Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e contou coa intervención da Directora Xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez. Durante o evento, as 20 empresas participantes presentaron os seus retos, fomentando sinerxías enriquecedoras entre o mundo empresarial e educativo. 

Moita sorte a todos os equipos que participan neste innovador proxecto!

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais