XII Edición GIRA Jóvenes Coca-Cola
O 27 e 28 de febreiro, no Salón de Actos do CIFP Politécnico de Santiago e dentro do programa da XII Edición GIRA Jóvenes Coca-Cola, tivo lugar a FASE 2: Formación presencial en Soft Skills, impartida pola Fundación Universidad Empresa.
O propósito desta fase foi reforzar as habilidades transversais dos participantes, mellorando así as súas oportunidades laborais e o seu crecemento profesional.
Durante as xornadas, un total de 70 estudantes, procedentes do CIFP Politécnico de Santiago e do IES Ramón Menéndez Pidal de A Coruña, participaron en diversos talleres prácticos, xunto cun encontro virtual con expertos no ámbito da creatividade e a xestión de recursos humanos.
Tamén tivemos o pracer de contar coa presenza de María Troncoso en representación de Coca-Cola Europacific Partners, quen agradeceu aos asistentes o seu compromiso co proxecto GIRA Jóvenes Coca-Cola e os animou a converterse en auténticos axentes do cambio.
GIRA Jóvenes Coca-Cola é un programa que, dende 2012, busca impulsar a empregabilidade e o emprendemento xuvenil de mozos e mozas de 16 a 30 anos que estudan Formación Profesional, axudándolles a prepararse para a súa inserción no mundo laboral.