Xaora

O luns, 24 de febreiro, tivo lugar a quinta reunión do club de lectura do curso 2024-2025 na hora do descanso, na que falamos de Xaora, de Ana Moreiras.
Xaora é unha novela gráfica de Ana Moreiras que narra a historia de Virxinia, unha muller que se atopa nunha etapa de confusión e desánimo debido a dores físicas e cicatrices emocionais. A aparición do espírito da súa avoa, unha muller vital e atrevida, axúdalle a redescubrir o que é realmente valioso e auténtico na vida. A través desta relación, Virxinia explora temas como a identidade, a conexión co pasado e a loita pola dignidade profesional, todo isto ambientado nunha Galicia contemporánea que mestura tradición e modernidade.
A seguinte reunión terá lugar o venres, 7 de marzo, tamén na hora da pausa. Trataremos Contrition, unha novela gráfica de Carlos Portela - Keko.