Visita didáctica
O pasado venres, 18 de xaneiro, o primeiro curso do ciclo superior de Laboratorio de Análise e Control de Calidade realizou unha visita didáctica á Unidade de Soprado de Vidro e Cuarzo Científico da Universidade de Santiago de Compostela.
Esta sección, integrada dentro dos servizos de apoio á investigación dende hai máis de tres décadas, oferta a posibilidade de asesorar, deseñar, fabricar e modificar tanto pezas estándar como pezas de novo formato con fins docentes e investigadores.
Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada.