Ir o contido principal

La Rioja interésase polo modelo de FP en Galicia, un referente de calidade e alta cualificación

La Rioja interésase polo modelo de FP en Galicia, un referente de calidade e alta cualificación

Román Rodríguez acompañou ao conselleiro de Educación, Formación e Emprego, Alberto Galiano, na visita ao CIFP Politécnico de Santiago, onde mantiveron unha reunión de traballo para fondar nos aspectos técnicos e xurídicos do desenvolvemento da Formación Profesional en Galicia. A delegación rioxana tamén se desprazou ao CIFP Compostela, referente nas ensinanzas de Hostalaría e Turismo.

O conselleiro Román Rodríguez acompañou ao seu homólogo de La Rioja no percorrido polo CIFP Politécnico, onde visitaron entre outros, o viveiro de empresa, o laboratorio de ensaios físicos, o fogar dixital, a aula de eficiencia enerxética Schneider e os talleres de carpintaría, entre outros. A visita concluíu cunha reunión de traballo entre ambas delegacións, para afondar nos aspectos formais, técnicos e xurídicos do desenvolvemento da estratexia galega de FP e a súa implementación.

Cómpre sinalar que o Politécnico, o centro especializado en FP con máis alumnos de Santiago – máis de 1400- oferta todos os ciclos da familia profesional de Electricidade e electrónica e case todos os das familias de Madeira, moble e cortiza e Química.

 

Podes consultar máis información na seguinte ligazón.

Redes sociais