Visita didáctica
"Instalacións da empresa FINSA"
Este pasado mércores 3 de abril os alumnos do primeiro curso de Ciclo Superior de Automatización e Robótica Industrial realizaron unha visita ás instalacións da empresa Finsa en Santiago de Compostela. Os alumnos foron acompañados de 3 profesores que imparten clases nese ciclo formativo.
O obxectivo da visita foi poder comprobar a integración de diferentes equipamentos cos que se traballa no ciclo formativo nun entorno industrial con un alto nivel de automatización.
Despois de unha introdución sobre a historia e a realidade actual da empresa o grupo puido realizar un percorrido polo interior das instalacións contemplando varios dos espazos e máquinas en onde hai un maior nivel de automatización. O final da visita cada un dos integrantes do grupo recibimos un agasallo. Queremos agradecer a atención prestada por parte de Finsa permitíndonos realizar unha visita coma esta.
Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da visita.
NOTA: Calquera persoa retratada nas fotografías que se publican a continuación, a pesar de ter asinado o correspondente formulario de autorización do uso da imaxe persoal polo centro, pode solicitar a retirada de calquera fotografía publicada neste sitio web mediante a cumplimentación do seguinte formulario.