Ir o contido principal

Solicitude de validación de módulos profesionais para o curso 2020-2021

 

Ábrese o prazo para a validación de módulos profesionais para o curso 2020-21. O prazo remata o mércores, 21 de outubro.

Descarga o seguinte documento de solicitude.

Nel deberás especificar estudios realizados e os módulos que desexas validar. 

Ademais da solicitude deberás presentar o certificado de estudios (orixinal) que aportas. É moi conveniente que entregues a solicitude na Oficina do centro, para que poidan comprobar os requisitos.

Se non podes entregala na Oficina fai unha fotocopia da solicitude, mete todos os documentos nun sobre aberto dirixido a: ‘CIFP Politécnico de Santiago, 133, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña)’,  vai a Correos e fai o envío por correo certificado, e pide que che sellen a fotocopia, coa que te quedarás ti. No prazo de dous ou tres días chama á Oficina e pregunta se chegou a túa documentación e se está correcta.

Todo o que se alegue para a validación ten que estar cumplido antes da matrícula.

Recorda que o último día do prazo é o mércores, 21 de outubro de 2020. Por tanto axiliza os trámites para que todo estea rematado antes dese día.

 

Validación de estudios universitarios

Toda a documentación correspondente farase en castelán. A solicitude de instancia é esta. Hai que poñer especial atención ós códigos e denominación dos módulos que se queren validar. Ademais da solicitude débese acompañar o certificado de estudios orixinal (e fotocopia para compulsar, no seu caso) e os programas oficiais das asignaturas cursadas na universidade (selladas polo Departamento), todo en castelán.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais