Solicitude de validación de módulos profesionais. Curso 2017-2018
Solicitude de validación de módulos profesionais.Curso 2017-2018
|
|
---|---|
![]() |
Apertura do prazo para a validación de módulos profesionais para o curso 2017-18. O prazo remata o luns, 16 de outubro. |
Descarga o seguinte documento de solicitude. Nel deberás especificar estudios realizados e os módulos que desexas validar. Ademais da solicitude deberás presentar o certificado de estudios (orixinal) que aportas. É moi conveniente que entregues a solicitude na Oficina do centro, para que poidan comprobar os requisitos. Se non podes entregala na Oficina fai unha fotocopia da solicitude, mete todos os documentos nun sobre aberto dirixido a: ‘CIFP Politécnico de Santiago, 133, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña)’, vai a Correos e fai o envío por correo certificado, e pide que che sellen a fotocopia, coa que te quedarás ti. No prazo de dous ou tres días chama á Oficina e pregunta se chegou a túa documentación e se está correcta. Todo o que se alegue para a validación ten que estar cumplido antes da matrícula. Recorda que o último día do prazo é o luns, 16 de outubro de 2017. Por tanto axiliza os trámites para que todo estea rematado antes dese día.
Validación de estudios universitarios Toda a documentación correspondente farase en castelán. A solicitude de instancia é esta. Hai que poñer especial atención ós códigos e denominación dos módulos que se queren validar. Ademais da solicitude débese acompañar o certificado de estudios orixinal (e fotocopia para compulsar, no seu caso) e os programas oficiais das asignaturas cursadas na universidade (selladas polo Departamento), todo en castelán. |