Ir o contido principal

Proxecto Iniciativa Xove: USO DE SPIN AIR

Proxecto Iniciativa Xove: USO DE SPIN AIR

O próximo venres 3 de Outubro teremos no corredor de entrada do CIFP Politécnico de Santiago de 10:00 a 13:00 a exposición do “Uso de Spin Air”. Están convidados os xovenes de Santiago e comarca.

O proxecto baséase na determinación de contaminantes presentes no aire a partir da mostraxe co Spin Air (mostraxe automatizado, compacto, sinxelo e portátil que avalía a contaminación microbiana do aire).

A finalidade deste proxecto é determinar a concentración de contaminantes presentes no aire interior. O proxecto realízase para avaliar a carga microbiana presente nun bar centrándonos na evolución dos microorganismos ó longo de todo o día e para fomentar a concienciación da xuventude da contaminación presente en áreas interiores e moi frecuentadas polos mesmos.

O obxectivo xeral é a análise microbiana do aire interior.

Os obxectivos específicos son:

  • Aprendizaxe de métodos para a mostraxe do aire.
  • Determinación da evolución dos microorganismos ó longo do día.
  • Caracterización dos distintos tipos de fungos.
  • Dar a coñecer á xente xove a contaminación presente no seu día a día.

 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais