Ir o contido principal

Un enemigo del pueblo

Este mércores, 10 de abril, tivo lugar a octava reunión do club de lectura do curso 2023-2024 na hora do descanso, na que falamos de Un enemigo del pueblo, de Javi Rey. Ameaza ecolóxica, mentira política e manipulación da opinión pública: máis dun século despois da súa primeira posta en escena, Javi Rey revisita a obra do dramaturgo noruegués Henrik Ibsen (1828-1906), cuxas problemáticas seguen de plena actualidade.

As seguintes reunións terá lugar o luns e mércores, 13 e 15 de maio respectivamente, tamén na hora da pausa. Trataremos El abismo del olvido, unha novela gráfica de Paco Roca e Rodrigo Terrasa, e Memorias dun neno labrego, de Iria Aldegunde, baseada na obra homónima de Xosé Neira Vilas.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais