Ir o contido principal

A tumba de Breogán

O venres, 21 de novembro, tivo lugar a primeira reunión do club de lectura do curso 2025-2026 na hora do descanso, na que falamos de A tumba de Breogán, de Abel Alves e Esteban Tolj. Nesta obra de banda deseñada seguimos unha aventura ambientada en 1870, cando durante as reformas da Torre de Hércules aparecen unhas antigas táboas escritas polo arquitecto do faro. Ese achado leva a descubrir un segredo ancestral ligado ao lendario Breogán e á antiga cidade de Brigantia. O poeta Eduardo Pondal e o intrépido bandoleiro Antón Dedo d’Ouro vense así envoltos nunha perigosa trama na que tamén interveñen carlistas e membros da Igrexa, quen agochan información decisiva arredor do descubrimento.

A seguinte reunión terá lugar o venres, 5 de decembro, tamén na hora da pausa. Trataremos Presas fáciles – Voitres, de Miguelanxo Prado.

Redes sociais