Ir o contido principal

Letras Galegas 2019

Este xoves, 16 de maio, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, procedeuse a unha lectura de textos do escritor homenaxeado este ano. Antón Fraguas foi un autor prolífico que se centrou en diferentes campos do saber, como a xeografía, a historia, a arqueoloxía, a biografía ou a etnografía.

O noso homenaxe consistiu nunha lectura de anacos dos seus textos e de conversas que mantivo, de diferente temática: As mulleres na vida de Fraguas, lembranzas ao redor do ingreso no instituto, os seus profesores, a etapa como profesor na Estrada, o ingreso na Real Academia Galega, ou o seu Cotobade natal, entre outros.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos dar as grazas a todos os participantes neste acto; en especial ao alumnado: Paula, Jonathan e Rebeca.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada.

NOTA: Calquera persoa retratada nas fotografías que se publican a continuación, a pesar de ter asinado o correspondente formulario de autorización do uso da imaxe persoal polo centro, pode solicitar a retirada de calquera fotografía publicada neste sitio web mediante a cumplimentación do seguinte formulario.

 
 
 
 

 

 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais