Ir o contido principal

Letras Galegas 2019

Proseguindo coas actividades derivadas da celebración do Día das Letras Galegas, hoxe recibimos a visita de Serafín Marcos, quen presentou no CIFP Politécnico de Santiago o espectáculo "Quen ten un mestre etnógrafo?".

Partindo dunha das múltiples facetas do escritor homenaxeado este ano, o actor noiés mostrou aspectos da biografía de Antón Fraguas por medio dun ameno monólogo no que tivo tamén cabida a improvisación e participación do público asistente ao evento.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada.

NOTA: Calquera persoa retratada nas fotografías que se publican a continuación, a pesar de ter asinado o correspondente formulario de autorización do uso da imaxe persoal polo centro, pode solicitar a retirada de calquera fotografía publicada neste sitio web mediante a cumplimentación do seguinte formulario.

 
 
 
 

 

 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais