Acreditación de Competencias - Convocatoria 2020
Acreditación de competencias. Datas e lugares da primeira reunión grupal. Convocatoria 2020
Publicadas as listaxes de persoas admitidas e excluídas, con data 12 de xuño de 2020, iníciase a fase de asesoramento para as persoas admitidas, segundo o establecido na Orde do 29 de novembropola que se convocou o proceso de acreditación de competencias.
A Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa do 26 de maio de 2020 sobre o restablecemento do procedemento do proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na comunidade autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do catálogo nacional de cualificaciónsprofesionais (código de procedemento ED517B), recolle no seu punto 4.b que o asesoramento é obrigatorio e realizarase, con carácter xeral, de forma telemática. A convocatoria á reunión reflectirase no expediente da persoa candidata na aplicación informática de xestión do procedemento. Cumprirá que a persoa candidata realice a confirmación da súa recepción na mesma aplicación.
Pódese consultar o calendario e horario para a primeira reunión grupal na seguinte ligazón:
Lembre que nestaprimeira reunión deberá presentar o xustificante do pago da fase de asesoramento (para máis información consulte a páxinaTaxas para ver as posibles excepciónsou a páxina de inicio da aplicación informática de xestión do procedemento).
No caso de que este asesoramento teña lugar de forma presencial e durante a realización deste, respectaranse todas as medidas de prevención e hixiene recollidas no protocolo do Ministerio de Educación e Formación Profesional para a realización da avaliación do Bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) 2020, así como o establecido na Resolución, do 22 de maio de 2020, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020, se determinan as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial nos centros de ensino non universitario dependentes da consellería ou calquera outra medida establecida para os centros educativos.
Pódese consultar esta información no seguinte enderezo:
http://www.edu.xunta.gal/fp/fase-asesoramento-2020
ENLACE A INFORMACIÓN RELACIONADA COAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN E HIXIENE QUE SE INDICAN NO TEXTO ANTERIOR:
Resolución, do 22 de maio de 2020, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020:
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31084
Enlace ao documento pdf:
Protocolo do Ministerio de Educación e Formación Profesional para a realización da avaliación do Bacharelato para o acceso áuniversidade (ABAU) 2020: