Reunión informativa Erasmus+
O pasado mércores, 16 de outubro, celebrouse unha reunión informativa sobre as oportunidades que ofrece o programa Erasmus+ no ámbito da Formación Profesional. O encontro tivo lugar no Salón de Actos, con dúas sesións: unha ás 11:30 horas para os grupos de mañá e outra ás 18:00 horas para os grupos da tarde.
Durante a sesión, explicáronse en detalle os obxectivos do programa Erasmus+, unha iniciativa da Unión Europea que permite aos estudantes realizar mobilidades no estranxeiro. Os asistentes coñeceron de primeira man as vantaxes de participar neste proxecto, que ofrece a oportunidade de mellorar as competencias profesionais e lingüísticas nunha contorna internacional.
Foi unha xornada moi enriquecedora para todos aqueles que quixeron informarse sobre esta fantástica oportunidade para o seu futuro profesional.
Prema sobre a seguinte ligazón para acceder á información sobre Programas Internacionais do CIFP Politécnico de Santiago.