Ir o contido principal

Resumo da guía do alumnado 2016-17

Dámosvos a benvida ao noso centro, que vai ser o voso durante os próximos dous cursos. Desexamos que esta nova etapa académica que agora comezades se converta nun referente na vosa vida profesional e que contedes coa nosa colaboración para calquera inquietude, suxestión ou problema que vos poda xurdir.

Aquí tedes unha pequena Presentación do Centro que desexamos que vos sexa de utilidade. 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais