Programas Internacionais 2022/2023
"Programas Internacionais 2022/2023: Prazas mobilidade para profesorado de ciclos superiores en Bosnia (26-30 xuño 2023)"
Publicada a resolución do proxecto 2020-KA107. Tanto para entrantes como para saintes.
https://www.edu.xunta.gal/fp/erasmus-proxectos-ka107-2020-2023
No marco desta convocatoria podemos ofrecer 24 prazas de profesorado sainte. 12 para Logos Centar en Mostar e 12 para CEPS Centar en Sarajevo. As datas serán dende o 26 de xuño ao 30 de xuño.
As condición para optar a estas prazas son:
- Ser profesorado de FP con vinculación a CS. Este proxecto e unicamente de ensinanza superior.
- Estar nun dos centros que pertenecen a este consorcio (o CIFP Politécnico de Santiago está incluído)
- Ser de calquera destas especialidades:
- Sanidade
- Administración e Xestión (FOL)
- Comercio e Marketing
- Enerxia e Auga
- Informática e Comunicacións
- Transporte e mantemento de vehículos
- Edificación e Obra civil
- Artes gráficas
A baremación ven establecida na propia resolución. Son antiguidade no centro, competencias lingüísticas e e competencias persoais e actitudinais.
En canto as competencias lingüísticas deben valorarse como siguen. O idioma da mobilidade é Inglés/Bosnio. E valorarase conforme as seguintes niveis:
- C2: 5 puntos
- C1: 4 puntos
- B2: 3 puntos
- B1: 2 puntos
O nivel mínimo esixido para optar a esta mobilidade é B1. Se un profesor/a ten competencia nos 2 idiomas (inglés e bosnio) valorárase únicamente o nivel mais alto de calquera dos idiomas.
Debedes enviar a documentación das solicitudes antes do 24 de maio as 12:00 o enderezo da Coordinación de Programas Internacionais.
En caso de ter mais solicitudes que prazas ordearanse na Consellería centralizadamente e escolleranse as 24 de maior puntuación.
Os interesados/as non deben escoller durante o proceso de solicitude entre Logos Centar (Mostar) e CEPS Centar (Sarajevo). Posto que ambas universidades son do mesmo grupo e imparten aproximadamente as mesmas especialidades, a distribución de profesores/as por universidade farémola con posterioridadea ter a lista dos 24 candidatos/as seleccionados. O profesorado escollerá segundo o seu orde de baremo e a dispoñibilidade da súa especialidade na universidade de destino.
O programa de actividades consistirá na visita as universidade de destino e as actividades de formación segundo a familia, mesa redondas de grupos de profesores para compartir experiencias docentes, visita a empresas e actividades sobre cultura do país.
O importe da axuda para dita mobilidade será de 1.620,00Eur por persoa. 1.260,00€ en conceto de axuda individual e 360,00€ para axuda de viaxe (pode que dependendo do centro de orixe en algún caso perciba o tramo anterior de axuda de 275Eur). Percibiran axuda por 5 días de estancia máis 2 de viaxe.