Ir o contido principal

Programa EspazoCoop Emprende

Desde o CIFP Politécnico de Santiago cremos firmemente no emprendemento cooperativo, polo que foi todo un pracer poder asistir como público á presentación do programa EspazoCoop Emprende.

Alí estivemos para coñecer de primeira man esta fantástica iniciativa de fomento da creación de empresas de economía social baixo a fórmula cooperativa.

O acto contou coa presenza de representantes de @cepes_economiasocial e da Xunta de Galicia, así como coa participación de varios cooperativistas socios de @EspazoCoopCooperativas, como @arredacoop, @navedelata e @15cero11. Compartiron con nós a súa experiencia como cooperativistas, destacando a importancia de contar co apoio e asesoramento de entidades como @EspazoCoopCooperativas durante o proceso de creación e posta en marcha das súas empresas.

Grazas a @espazocoopcooperativas por darnos a oportunidade de estar alí, compartindo con todos vós esta fantástica xornada.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais