Programa ERASMUS+
Dende o CIFP Politécnico de Santiago, o alumnado de 1º de CM de Soldadura e Caldeiraría iniciou este luns 5 de maio a súa mobilidade ERASMUS+ no centro homólogo EPRAMI, en Paredes de Coura (Portugal).
Acompañados polos seus docentes Roi e Marcos, participaron en dinámicas de integración co estudantado portugués e realizaron unha visita aos Estaleiros Navais de Viana do Castelo, un referente do sector naval.
Ao longo da semana desenvolverán sesións técnicas conxuntas centradas na construción dun soporte para bicicletas, fomentando o traballo en equipo, o intercambio de coñecementos e a aprendizaxe práctica nun contexto internacional.
Unha experiencia ERASMUS+ para compartir, colaborar e crecer!
#FPGalicia #FPGalega #CIFPPolitecnicoDeSantiago #politecnicodesantiago #ErasmusPlus