PROGRAMA EDUEMPRENDE: PREPÁRATE PARA O SALTO
O pasado 20 de febreiro celebrouse no CIFP Politécnico de Santiago unha nova iniciativa para mellorar a alfabetización financeira do noso alumnado dentro do programa #Eduemprende: Prepárate para o salto, en colaboración coa Fundación Galicia Obra Social de ABANCA.
Nesta sesión, titulada "Sé intelixente cos teus cartos" e impartida por Carlota Sánchez-Montaña Puga, abordáronse aspectos clave da xestión financeira persoal, como: pautas para unha boa planificación económica, ferramentas dixitais para un mellor control dos gastos e a importancia do aforro a longo prazo.
A actividade contou coa participación do alumnado de 2CM OPELAB, 2CM SOCA, 1CM IEEAU e 1CS LACO, que agora dispón dunha visión máis clara e práctica sobre a xestión das súas finanzas persoais.