Programa Charlas con Emprendedores
Queremos trasladar o noso agradecemento aos emprendedores: Iago Valledor (@Jimmy Garage), Santiago Resúa Nine (IRONOR Metalurgia, SL), Alberte Baltasar Figueiras (ABF Solucións Eléctricas) e Cristina Buceta Montero (ALS_LABER), que de forma totalmente desinteresada compartiron co noso alumnado de 2º curso a súa experiencia como emprendedores.
Esta actividade desenvolveuse coincidindo coas II Xornadas de Orientación Laboral e Emprendemento, celebradas no CIFP Politécnico de Santiago na semana do 15 ao 19 de xaneiro. Dáse a circunstancia de que algúns destes convidados foron alumnos no noso centro, tal é o caso de Iago Valledor ou Santiago Resúa Nine, e cada un deles ven representar a unha familia profesional diferente: Madeira, Moble e Cortiza no caso de Iago, Santiago Resúa en Fabricación Mecánica, Alberte Baltasar no caso do sector da Electricidade e Electrónica, e Cristina Buceta, que acudiu xunto con Mari Carmen Domínguez Noya en representación da Familia Profesional de Químicas.
Grazas por compartir con nós os vosos proxectos profesionais, facendo ver ao noso alumnado que a Formación Profesional é unha aposta firme polo emprendemento, ofrecendo unha vía máis que viable de acceso ao mercado laboral.