Erasmus+ quere mellorar a calidade da Formación Profesional en Europa, ofrecendo aos alumnos, aos profesores e ao persoal que imparte ensinanzas de Formación Profesional Básica e Ciclos Formativos de Grao Medio oportunidades de Mobilidade para a Aprendizaxe para realizar estudos e prácticas no estranxeiro. Ademais, axudará ás institucións de Formación Profesional a crear Asociacións Estratéxicas con outras organizacións e empresas e a establecer así relacións sólidas co mundo laboral. En xeral, contribuirá a mellorar as posibilidades de emprego e as habilidades persoais e, deste xeito, a potenciar a competitividade da economía europea.
Máis información:
No CIFP Politécnico de Santiago nos últimos anos levamos participando en diferentes programas dentro do programa ERASMUS + dentro da acción clave KA1.
Dentro deste programa ERASMUS + nos últimos anos o centro dispón dun proxecto propio, pero tamén participamos en consorcio con outros centros de Galicia en varios proxectos que están coordinados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Os programas nos que o noso alumnado e profesorado pode participar son:
Novas relacionadas co alumnado interesado en participar nun programa de Erasmus +
O proceso de selección do alumnado interesado en participar en Programas Internacionais levarase a cabo mediante os seguintes criterios de selección. Así mesmo, inclúense os importes das mobilidades para ciclo medio e superior.
Formulario para o alumnado interesado en participar en mobilidades no estranxeiro.
Novas relacionadas co profesorado interesado en participar nun programa de Erasmus +
O proceso de selección do profesorado interesado en participar en Programas Internacionais levarase a cabo mediante os seguintes criterios de selección.
Formulario para o profesorado interesado en participar en mobilidades no estranxeiro.
Preme sobre a seguinte ligazón para acceder á información relativa a anos anteriores.
A Carta Erasmus de Educación Superior establece o marco xeral de calidade para as actividades de colaboración europea e internacional que poden realizar as institucións de educación superior a través de Erasmus+. A concesión da Carta é un requisito previo para todas as institucións con sede en países do programa que queiran participar en actividades de mobilidade por motivos de aprendizaxe e de cooperación para a innovación e intercambio de boas prácticas con Erasmus+.
Preme sobre as seguintes ligazóns para acceder á carta Erasmus, os apartados C a E do contido da carta Erasmus e a carta VET.
Europass ten como obxectivo contribuír á mobilidade de estudantes e á empregabilidade de traballadores en Europa e no seu propio país, facilitando a comparación das súas habilidades e cualificaciones e contribuíndo, dese modo, á eliminación de barreiras para estudar ou traballar en Europa.
Europass é un dossier electrónico persoal, que consta dun CV electrónico e un portafolio de documentos (o Pasaporte de Competencias) no que se poden compilar os demais documentos Europass: o Pasaporte das Linguas, os Suplementos Europass e o Documento de Mobilidade, así como outros documentos importantes como, por exemplo, certificados de estudos ou traballo.
Europass é gratuíto e permite ás persoas presentar as súas competencias, habilidades e cualificacións dunha maneira clara a través duns documentos que axudan aos posibles empregadores, establecementos educativos e provedores de capacitación a comprender que materias se estudaron, que capacitación se completou ou que experiencia laboral se adquiriu.
Europass inclúe 5 documentos, dous deles elaborados polo propio titular e outros tres emitidos polas autoridades competentes, e que permiten demostrar de forma clara e transparente os coñecementos académicos, profesionais ou lingüísticos dos seus titulares de forma estandarizada en todo o territorio europeo.
Os documentos individuais inclúen:
Os documentos que deben ser emitidos polas autoridades competentes inclúen:
Información recompilada da páxina do SEPIE, para saber máis :
http://sepie.es/iniciativas/europass/que-es-europass.html
Os documentos Europass pódelos atopar en:
O seguinte grupo de Telegram é o punto de encontro para compartir experiencias e información do programa Erasmus+ do CIFP Politécnico de Santiago.