Ir o contido principal

PREMIOS EDUEMPRENDE IDEA 2024

O pasado 7 de xaneriro, publicouse a Resolución do Concurso Eduemprende Idea 2024, e desde o CIFP Politécnico de Santiago queremos felicitar a todos os proxectos e centros premiados nesta edición.

Queremos destacar especialmente o excelente traballo dos nosos alumnos:

🏆 Iago Valledor e Martín Gómez, do Ciclo Superior de Deseño e Amoblamento, creadores do proxecto MAIA, galardoados co PRIMEIRO PREMIO na Modalidade A (ciclos superiores).

🥉 Lucas Millán  e Gabriel Silva, do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas, autores do proxecto ROAD WASHER, recoñecido co TERCEIRO PREMIO na Modalidade B (ciclo medio).

Desde o noso centro, animamos a todos os estudantes a participar en futuras convocatorias. Iniciativas como o concurso Eduemprende Idea 2024 son unha ferramenta fantástica para impulsar e destacar o talento emprendedor do alumnado de FP.

Seguimos apoiando o emprendemento na formación profesional!

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais