Premio Informatízate
Premio Informatízate
A ETSE e o Departamento de Electrónica e Computación organizan a segunda edición do concurso de videos Informatízate.
O concurso ten por obxecto promover a divulgación das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), ao mesmo tempo que contribuír ao cambio dos estereotipos sociais que asocian o traballo en TIC co xénero masculino, utilizando o galego como medio de transmisión do coñecemento, e estimulando a creatividade do estudantado cos medios audiovisuais.